A Nintendo Wii está de aniversario: O pasado 19 de novembro cumpríronse 20 anos do lanzamento dunha consola que revolucionou o mundo dos videoxogos.
Quen non botou algunha partida ao tenis co Wii Sports, aos bolos ou bailou co Just Dance? A Wii conseguiu que os videoxogos entrasen en moitos fogares e que xogasen xuntos pequenos e maiores.
O seu éxito naceu dunha aposta diferente: nun momento complicado para Nintendo, a compañía decidiu deixar de competir en potencia gráfica e apostar por unha consola sinxela, accesible e cun mando que permitía controlar os xogos cos movementos do corpo.
Dúas décadas despois, Manuel Álvarez Moreira fálanos deste aniversario tan significativo no mundo dos videoxogos.


