Hoxe é Xoves 19 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Fogares creativos

Novembro 19 @ 08:00 - Decembro 15 @ 17:00

Fogares Creativos, un proxecto para promover novas formas de convivencia e acceso á vivenda

A Fundación Formavigo retoma esta iniciativa que inclúe varias xornadas formativas gratuítas e nas que se abordarán alternativas habitacionais, convivencia, apoio mutuo e creación de redes comunitarias. O programa desenvolverase a través de varias xornadas – 19 e 26 de novembro, o xoves 3 o martes 15 de decembro-  dirixidas tanto a persoas que buscan vivenda como a aquelas que desexan compartir o seu fogar ou dispoñen dunha vivenda baleira e queren explorar alternativas para darlle uso.

A proposta nace nun contexto marcado polo incremento dos prezos do alugueiro e a escaseza de oferta habitacional, unha realidade que dificulta que moitas persoas poidan acceder ou manter unha vivenda en solitario. Neste escenario, Fogares Creativos pretende crear un espazo de encontro no que compartir experiencias e ferramentas para explorar outras maneiras de vivir, desde a colaboración, a seguridade e o respecto pola autonomía de cada participante.

As xornadas abordarán cuestións prácticas relacionadas coa convivencia, como a comunicación e as relacións saudables, a xestión de conflitos, a construción de acordos, a organización doméstica e a corresponsabilidade. Tamén se traballarán as redes comunitarias, o apoio mutuo, a toma de decisións, a autoxestión e as novas fórmulas de convivencia e vida en comunidade.

Detalles

Comezo:
Novembro 19 @ 08:00
Remate:
Decembro 15 @ 17:00