Rastrexo nocturno en Soutomaior
Novembro 1 @ 18:30 - 21:00
A programación organizada polo Concello de Soutomaior co gallo do Samaín chegará ao seu remate o domingo 1 de novembro, de 18.30 a 21.00 horas cunha actividade pensada para público adulto. A finca Cafexo-Massó acollerá O que ten cú ten medo II, unha experiencia inmersiva gratuíta dirixida exclusivamente a persoas maiores de 18 anos. A actividade aproveitará a contorna natural, a iluminación, os efectos sonoros e a ambientación escénica para crear unha proposta de misterio e tensión inspirada no imaxinario do alén galego. Contará con 50 prazas.