Hoxe é Xoves 22 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O I Entre Ríos Fest reúne en Ponte Caldelas seis propostas musicais para reivindicar o talento do Verdugo e o Oitavén

Ponte Caldelas estrea este sábado o Entre Ríos Fest, unha iniciativa que nace coa vontade de dar visibilidade ao patrimonio cultural e natural do territorio do Verdugo e o Oitavén a través da música. A Casa do Pobo de Cuñas acollerá esta primeira xuntanza de grupos da contorna, impulsada por músicos e amigos da zona que queren demostrar a actividade cultural que existe nos concellos próximos a ambos os ríos. “A intención inicial é poñer en valor todo o patrimonio cultural e natural que temos nesta zona, que ás veces está un pouco abandonada”, explica Javier, un dos promotores do evento.

O cartel reúne propostas diversas, aínda que cunha base común no rock. A programación comezará cunha actuación máis intimista de Carlos Vidal, un dos integrantes de Portrait, que ofrecerá o seu perfil de cantautor con influencias rockeiras. A continuación será a quenda de Q’Jazz, unha formación con presenza na zona de Ponte Caldelas que combina jazz, blues e soul. Tamén participará Cotarro, un grupo de músicos veteranos con influencias da movida viguesa.

A programación continuará con The Openings, unha banda nacida en Anceu que aposta por un rock suave e conta entre os seus compoñentes cunha violinista procedente de Madrid. Despois chegará Suido, o grupo vinculado á orixe do festival e formado por músicos de diferentes procedencias que residen na contorna. A banda bebe do rock dos anos setenta e oitenta, con referencias como Deep Purple e Led Zeppelin, e traballa con composicións propias. O peche correrá a cargo de Naradjam, unha formación de Ponte Sampaio que combina un rock máis contundente con influencias de bandas como The Prodigy e Chemical Brothers.

As persoas interesadas poden contactar coa organización a través da conta de Instagram do Entre Ríos Fest @entre_rios_fest para conseguir a entrada anticipada que ten un custe de 5 euros para sufragar os gastos do evento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp