O asesoramento sexolóxico non tratade diagnosticar nin de corrixir condutas. É un espazo para comprender o que lle pasa a cada persoa na súa historia, o seu modo de estar nas relacións e no seu propio desexo.
Nesta nova entrega de Redondeando a sexualidade achegámonos ao asesoramento sexolóxico como un espazo de escoita, acompañamento e comprensión, no que poder explorar dúbidas, vivencias e inquietudes arredor do desexo, das relacións e da propia sexualidade, sen xuízos nin receitas predefinidas.
Falamos con Débora Baz do gabinete Amaturi de que é o asesoramento sexolóxico, que pode esperar unha persoas que acode a esta consulta e de como pode axudarnos acudir a este tipo de asesoramento.


