Hoxe é Xoves 22 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preto de 50 membros de Alcohólicos Anónimos pasan por Redondela no seu Camiño a Santiago

Preto de 50 membros de Alcohólicos Anónimos procedentes de distintos puntos de España participan esta semana nunha iniciativa que combina o Camiño de Santiago coa convivencia e a divulgación. O grupo iniciou o percorrido en Vigo e chegou este luns a Redondela, desde onde continuaron cara a Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e Santiago. Tras completar as etapas, celebrarán en Compostela unhas xornadas de reflexión que se prolongarán ata o domingo 25 de outubro.

Durante a súa visita a Radio Redondela, varios participantes explicaron que o obxectivo é dar a coñecer a comunidade e lembrar que non é necesario tocar fondo para pedir axuda co alcohol. “O único requisito para ser membro é o desexo de deixar a bebida”, sinalan. As reunións son gratuítas e anónimas, e permiten compartir experiencias con outras persoas que están a afrontar o mesmo problema. Os membros tamén destacan que o alcoholismo é unha enfermidade e pode afectar a persoas de diferentes idades e situacións persoais, incluídas aquelas que manteñen o seu traballo e a súa vida familiar.

O xoves 22 de outubro, ás 19.00 horas, celebrarán unha charla aberta á cidadanía no Auditorio Municipal de Padrón para explicar como funciona o programa de recuperación e resolver dúbidas. As persoas que necesiten información sobre os grupos de Galicia poden chamar ao 646 645 119 ou consultar a web alcoholicosanonimos.org. Os participantes definen o Camiño como unha metáfora da propia recuperación: un proceso diario no que, aseguran, o apoio dos compañeiros resulta fundamental para seguir adiante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp