Hoxe é Mércores 21 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo encaixa a súa primeira derrota da tempada ante o Rocasa Gran Canaria

859939949_4699429793620874_3617592022386891868_n

A SAR Rodavigo non puido prolongar a súa boa xeira de resultados e encaixou a primeira derrota da tempada na terceira xornada da División de Honra Prata feminina. O conxunto redondelán caeu por 29-23 ante o Rocasa Gran Canaria nun desprazamento esixente ás illas Canarias, onde competiu durante boa parte do encontro, pero acabou cedendo ante o empuxe do equipo local.

O partido comezou cunha gran igualdade entre os dous conxuntos, coa SAR Rodavigo plantándolle cara ao Rocasa e mantendo as opcións de levar algo positivo. No minuto 20, o marcador reflectía un axustado 10-9, mostra da competitividade das redondelás nunha pista complicada. Porén, no tramo final da primeira metade, as locais conseguiron abrir unha pequena fenda no electrónico para marchar aos vestiarios cunha vantaxe de tres goles (14-11).

Tras o descanso, o equipo redondelán mantivo a intensidade e seguiu buscando a remontada. As xogadoras da SAR non lle perderon a cara ao encontro e conseguiron manterse na pelexa ata os minutos finais. No minuto 46, a diferenza era de só dous tantos (20-18), deixando aberto o partido.

Con todo, o Rocasa Gran Canaria soubo xestionar a súa vantaxe e aproveitou os últimos minutos para ampliar progresivamente a distancia ata o definitivo 29-23. A SAR Rodavigo regresou así sen puntos dun desprazamento esixente, no que se atopou cun rival de nivel e nunha pista difícil.

A competición autonómica, a piques de comezar

Mentres a SAR Rodavigo continúa a súa andaina na División de Honra Prata, as competicións autonómicas femininas preparan o seu inicio.

Na Primeira Autonómica, a SAR Impe­rnoroeste estrearase o domingo 25 de outubro cun desprazamento á pista do Calvo Xiria.

Pola súa banda, a Segunda Autonómica feminina arrancará o sábado 24 de outubro con dous encontros para os equipos da contorna. As Choqueiras de Redondela recibirán o BM Lalín, mentres que o CIES Obra Civil Balonmán Chapela xogará como visitante ante o CP Lucense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará