Hoxe é Luns 19 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior  “dálle a volta á biblioteca” cun outubro cheo de contacontos, obradoiros e espectáculos

dalle a volta

A biblioteca Luís Seoane de Arcade celebra o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas cunha ampla programación cultural e familiar que arranca hoxe luns cunha xornada dedicada á escritora e xornalista Anisia Miranda, quen fora parella do escrito Xosé Neira Vilas co que fundou a editorial Follas Novas. Unha xornada que se completará  con actividades pensadas para os máis cativos cunha obra de teatro e un obradoiro infantil e música a cargo da Asociación Ghramalleira.

Contacontos, obradoiros, espectáculos de títeres e actividades para todas as idades protagonizan a programación de outubro na Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade.

A programación arranca este luns 19 de outubro, Día das escritoras, cunha xornada dedicada á escritora Anisia Miranda, que arrancará ás 18:00 horas cunha representación teatral a cargo do grupo Fonte da tella e a obra “A ra que perdeu o charco”. A continuación celebrarase unha mesa coloquio baixo o título “Anisia Miranda e Soutomaior: a historia que cruzou o atlántico, na que interverá o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, Carmiña de Soutomaior e o director e presidente de Fonte de Tella, Salvador Álvarez Ledesma e Suso Fernández. A xornada completarase cun obradoiro infantil de creación de libros con Lorena de ConMoitoAgarimo e unha actuación musical da Asociación Ghramalleira.

As actividades continuaron o xoves 22 cun obradoiro de velas literarias, impartido por Efímera Ritual e destinado a persoas adultas, e o venres 23 cunha sesión de contacontos familiar, Historias fabulosas coa maxia, a cargo de 2 Minds Combined, pensada para nenos e nenas a partir dos catro anos.

O luns 26, a biblioteca acollerá unha nova sesión de Menú lector coa proposta Donde viven los cuentos, dirixida a familias con menores de oito anos acompañados das súas nais, pais ou persoas responsables.

A programación continuará o mércores 28 de outubro cunha xornada dedicada ao mundo dos monicreques da man da compañía Barriga Verde. Ás cinco da tarde, un xigante percorrerá as rúas de Arcade nun pasarrúas que achegará o espectáculo e a animación teatral á veciñanza. A actividade continuará na Biblioteca Municipal Luís Seoane cun obradoiro de construción de monicreques, no que os participantes poderán crear os seus propios bonecos, e culminará ás sete da tarde cunha función de títeres.

A programación pecharase o venres 30 de outubro cunha sesión de contacontos a cargo de Raquel Méndez e Pavís Pavón, dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A actividade comezará ás seis da tarde e servirá como remate dunha proposta que busca fomentar a lectura, estimular a imaxinación e achegar a cultura ás novas xeracións a través de experiencias participativas e lúdicas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará