Hoxe é Luns 19 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Farmacia de garda: Fame emocional

Por que ás veces comemos sen ter fame? Como inflúen as emocións na nosa forma de alimentarnos? E que podemos facer para construír unha relación máis saudable coa comida?

Nesta no entrega do espazo Farmacia de  garda, que emitimos na Radio Municipal grazas ás colaboracións das farmacias de Redondela, falamos de fame emocional con Clara Hernández, farmacéutica e nutricionista da Farmacia de Reboreda, e Alba Fernández, psicóloga sanitaria.

Desde a nutrición e a psicoloxía, ambas axúdannos a comprender como inflúen o estrés, a ansiedade, o aburrimento e outras emocións na nosa alimentación, e por que a culpa e as dietas restritivas poden complicar a relación coa comida.

Unha conversa para aprender a escoitar as nosas necesidades, deixar atrás os xuízos e descubrir novas ferramentas para coidarnos, sen medo e sen culpa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp