Que significa realmente queer? De onde vén este termo e como pasou de ser utilizado como insulto a converterse nunha forma de cuestionar as normas e etiquetas relacionadas coa identidade, o xénero e a sexualidade?
A sexóloga María Montenegro, do Gabinete Amaturi, achéganos a este concepto e afonda no seu significado máis aló dunha simple etiqueta. Falamos do queer como unha mirada que cuestiona o establecido e que abre a porta a outras formas de vivir, sentir, desexar e relacionarse.
Unha conversa para coñecer mellor o termo, reflexionar sobre as súas implicacións e entender que, ás veces, romper coas etiquetas tamén pode ser unha maneira de gañar liberdade.


