Hoxe é Xoves 1 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Martínez Movilla (Soutomaior) ponlle música ao Ano Santo Compostelán 2027

Foto de Carlos Martínez Movilla

O músico galego e natural de Soutomaior, Carlos Martínez Movilla, será o encargado de poñer banda sonora ao próximo Ano Santo Compostelán coa canción Un campo cheo de estrelas. A composición foi seleccionada entre varias propostas.

Desde o primeiro momento, Movilla tivo claro que a composición debía funcionar como un himno colectivo. “Un himno é algo que ten que ser feito para ser cantado por calquera persoa”, sinala. Por iso buscou unha melodía accesible, sen grandes dificultades vocais, cun retrouso que convidase a cantar e cunha parte capaz de transmitir emoción. A canción fala do Camiño máis alá do percorrido físico ata Compostela e aborda conceptos como o encontro, a fraternidade, a fe e a transformación do peregrino. A propia letra sitúa no centro esa idea de volver diferente despois da experiencia de camiñar.

A composición musical e a letra son obra de Movilla, mentres que os arranxos e a produción musical correron a cargo de Paco Dicenta, que incorporou á gravación piano, cordas, buzuki, batería, baixo e outros elementos para conseguir a sonoridade folk e épica buscada. No proxecto participaron tamén Noelia Álvarez, na voz e coros; Xosé Liz, nos buzukis; Harry C, nos violíns; Óscar Ibáñez, nas frautas e gaitas; e Leandro Deltell, na batería. “Eu fago a parte da música, a piano e a letra coa melodía, e a partir de aí xa xorde toda a instrumentación”, explica Movilla.

A composición complétase cun videoclip que percorre o camiño dun peregrino desde os primeiros pasos ata a chegada a Santiago e a entrada na Catedral. A produción audiovisual foi realizada por Hugh McGinley, coa coordinación de Óscar Valado, e incluíu gravacións en diferentes localizacións e imaxes aéreas tanto no exterior como no interior da Catedral. Movilla destaca tamén o traballo realizado para completar o vídeo nun período moi reducido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Hugo Amoedo Canal

Nesta nova entrega do podcast Onda Torrella conversamos con Hugo Amoedo Canal, cineasta nacido en Redondela en 1987 e actualmente afincado en Bruxelas, onde desenvolve boa parte da súa actividade

Escoitar audio »