Foto de arquivo dun derbi de 2025
O Pavillón Municipal da Marisma será este sábado escenario dun dos partidos máis atractivos da segunda fase previa da Copa Galicia sénior masculina de fútbol sala. O Redondela FS e o Pazos de Borbén FS enfrontaranse ás 19:00 horas nun derbi que terá ademais o premio de avanzar á seguinte fase da competición.
O equipo redondelán chega a esta eliminatoria despois de superar con autoridade a primeira fase. O Redondela FS impúxose por un contundente 3-11 ao Abetos Gondomar. Agora agarda un rival coñecido e cun obxectivo similar. O Pazos de Borbén FS accede a esta segunda fase despois de empatar 3-3 ante o Marín na súa estrea na competición.











