Hoxe é Venres 10 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aplica restricións no consumo de auga ante a caída das reservas no encoro de Eiras

ceasntes ducha

O Concello anuncia que manterá pechadas as duchas e lavapés das praias, suspendese o baldeo de rúas e redúcese ao mínimo o rego de xardíns públicos. Solicítase a colaboración cidadá para facer un uso responsable da auga, evitando o lavado de vehículos con mangueira, o cheo ou recheo de piscinas privadas e o rego excesivo de hortas e xardíns particulares.

O Concello de Redondela activou un paquete de medidas urxentes de aforro de auga potable en todas as dependencias e espazos públicos do termo municipal. Esta decisión aplícase logo do comunicado oficial da empresa responsable do subministro no que se advirte que o nivel de reservas do encoro de Eiras está por do volume rexistrado nestas mesmas datas en anos anteriores.

O Goberno local explica que o municipio non está incluído na listaxe de Concellos que a Xunta de Galicia sitúa en estado de prealerta por seca pero que decide adoptar estas medidas por “por precaución e responsabilidade, co obxectivo de evitar que a situación das reservas empeore nas vindeiras semanas”.

As primeiras accións preventivas inclúen o peche inmediato do subministro nas duchas e lavapés de todas as praias do municipio. Así mesmo, os servizos municipais suspenderon temporalmente o baldeo de rúas co uso de auga potable e clausuraron o funcionamento das fontes ornamentais. O rego de xardíns e zonas verdes públicas queda restrinxido ao mínimo indispensable para garantir de forma exclusiva a supervivencia da vexetación.

Ante a complicada situación climática, o Concello reitera o seu chamamento á colaboración e á sensibilidade de toda a veciñanza e dos visitantes. Solicítase realizar un uso responsable e controlado da auga tamén no ámbito doméstico evitando usos prescindibles como o lavado de vehículos con mangueira, o cheo ou recheo de piscinas privadas e o rego excesivo de hortas e xardíns particulares. Rivas insiste en que “coidar as reservas actuais é o único camiño para protexer o abastecemento humano e evitar futuras limitacións máis drásticas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Ben, pero isto é unha acción correctiva, teñen que previr cunha acción preventiva. Hai estudos noutros concellos sobre a rede de abastecemento de auga que indican grandes perdas de auga por fugas, conexións ilegais e mal estado das canalizacións.

    Deberían ir más alá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará