Hoxe é Venres 10 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Roteiros para descubrir o patrimonio

Xullo 11 @ 10:00 - Xullo 12 @ 17:00

A primeira das propostas terá lugar o sábado 11 pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas, cun roteiro polo río Pexegueiro. A saída realizarase desde a piscina municipal e, ao longo dun percorrido de catro quilómetros, as persoas participantes poderán coñecer a riqueza ambiental das marxes do río da man dun guía de Faia Medioambiental.
Xa pola noite, ás 21.00 horas, celebrarase un paseo nocturno pola praia da Punta, en Cesantes. Durante aproximadamente dúas horas, o grupo afondará nos valores naturais e medioambientais deste espazo litoral.
O programa rematará o domingo 12 coa ruta “A prehistoria e o ambiente de Monte Penide”, un percorrido de 6,5 quilómetros que permitirá descubrir os principais restos arqueolóxicos existentes nesta contorna situada entre as parroquias de Cedeira e Trasmañó. A saída está prevista para as 10.00 horas desde a Mámoa do Rei.
As tres actividades son gratuítas, aínda que requiren inscrición previa debido ao número limitado de prazas. As persoas interesadas poden reservar a súa participación chamando ao teléfono 986 401 713 ou enviando un correo electrónico a turismo@redondela.gal.

Detalles

Comezo:
Xullo 11 @ 10:00
Remate:
Xullo 12 @ 17:00