Hoxe é Martes 7 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actos vandálicos provocan importantes danos nas beirarrúas de Chapela

bairarrúa1

O Concello denuncia os danos causados de xeito intencionado en diferentes espazos públicos de Chapela, principalmente nas beirarrúas da subida ao CEIP Igrexa e diante do edificio de Servizos Sociais. Os feitos teríanse producido na noite do domingo para o luns, cando unha ou varias persoas dedicáronse a levantar e esnaquizar as baldosas destas zonas, provocando unha situación de risco para a veciñanza e importantes danos no patrimonio público.

Ante o evidente perigo de caídas para os peóns, os servizos municipais procederon de inmediato a precintar e asegurar as zonas afectadas para evitar calquera accidente e instan á veciñanza a que extremen a precaución no caso de transitar por estes puntos mentres se realizan os traballos de reparación.

Colaboración cidadá

Por outra banda, solicitan a colaboración cidadá para tentar identificar ao autor ou autores destes actos vandálicos que “destrúen un patrimonio que é de todos e todas e que se mantén co esforzo da cidadanía, ademais de poñer en risco a seguridade das persoas”.

Solicitan que se alguén dispón de calquera información ou se decatou dalgún movemento sospeitoso na noite do domingo ao luns que poida axudar a identificar os responsables, se poña en contacto coa Policía Local de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará