Hoxe é Xoves 2 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha posible fuga de gas obriga a pechar o aparcadoiro da Xunqueira

bombeiros horizontal

Foto: Fon Decón

As medicións realizadas polos servizos de emerxencia non detectaron niveis elevados, aínda que o recinto permanecerá clausurado ata completar unha revisión das instalacións por parte da compañía subministradora. A alerta deuna a propia traballadora do aparcamento en torno ás 10:30 horas da mañá.

O aparcadoiro do paseo da Xunqueira permanece pechado tras detectarse un posible escape de gas. A decisión adoptouse de maneira preventiva, á espera de que a compañía subministradora complete unha inspección das instalacións e confirme que non existe ningún risco.

O aviso produciuse arredor das 10.30 horas, cando a traballadora do parking alertou da presenza dun forte cheiro a gas. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, dos Bombeiros do Porriño e do servizo de Emerxencias de Redondela, que realizaron varias medicións para avaliar a situación.

As comprobacións efectuadas non rexistraron concentracións elevadas de gas. Con todo, os servizos de emerxencia optaron por manter pechado o aparcadoiro ata que se leve a cabo unha revisión máis exhaustiva por parte da compañía subministradora, que deberá inspeccionar a instalación e determinar a orixe do posible escape antes de autorizar a reapertura do aparcadoiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará