Hoxe é Martes 26 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vítor Vaqueiro mergúllase na mitoloxía galega coa presentación de Bestiário en Redondela

vitor vaqueiro

As conversas de Alén Nós regresan este xoves a Redondela cunha presentación literaria que se vai desenvolver na Librería Rosalía e Compañía. O investigador en patrimonio inmaterial Vitor Vaqueiro presenta Bestiário, un libro con ilustracións de Anxel Huete editado pola editorial Nêspera no que fai un percorrido polos seres míticos dos que está poboada a cultura popular galega. Ademais da Santa Compaña, atoparemos mouras, trasnos, urcos e, non podía faltar, a Coca.

Este volume é unha reinterpretación contemporánea dun xénero con séculos de tradición. Nel, o coñecemento de Vaqueiro permítenos a chegarnos a case medio cento de seres propios da tradición galega de quen nos conta os seus atributos e fazañas achegándonos tamén a referencias dos seus semellantes noutras culturas. Un xeito de mergullarnos nun imaxinario cheo de seres míticos, un mecanismo que xorde nas sociedades primitivas “froito da necesidade de dar explicación a realidade circundante que moitas veces non se comprende”.

E de entre todos os “monstros” que poboan estas páxinas non podía faltar a Coca. Un animal que forma parte da idiosincrasia local pero que no pasado estivo presente en numerosas localidades galegas, sobrevivindo co paso do tempo tan só en Redondela e Betanzos.

O libro contén ademais a indispensable contribución do pintor Ánxel Huete, encargado de interpretar a figura deses seres mitolóxicos que atopamos no texto de Vaqueiro.

Unha obras ilustrada e bilingüe –galego e inglés- sobre a mitoloxía galega que o seu autor nos achegará este xoves na libraría Rosalía e Compañía da man do Colectivo Cultural Alén Nós.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará