Hoxe é Martes 26 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela pecha o Campionato de España de trainerillas cun bronce do sénior masculino

704149612_1598920238905921_6471656912805775264_n

Foto de MAChRemo

O Club de Remo de Chapela non conseguiu ningún título nacional no Campionato de España de trainerillas, disputado en Castro Urdiales esta fin de semana, aínda que foi o equipo galego con maior representación na competición. A entidade redondelá logrou clasificar para a final do domingo a súa embarcación sénior masculina, que acabou subindo ao podio cunha medalla de bronce.

O club participou con catro embarcacións clasificadas nas categorías cadete masculina, xuvenil feminina e nas dúas absolutas, masculina e feminina. Das catro tripulacións, só o sénior masculino conseguiu superar a eliminatoria do sábado e acceder á final do domingo, na que acadou a terceira posición, por detrás de Orio e Zierbena.

Chapela afrontou unha competición moi esixente, especialmente na categoría absoluta masculina, onde tivo como rivais a equipos de gran nivel como Ares, Mecos, AD Castreña e os conxuntos vascos Orio e Zierbena.

Os títulos nacionais repartíronse entre diferentes clubs. O Club de Remo Boiro proclamouse campión en cadete feminino; Mecos, en cadete masculino; Ondarroa Arraun Elkartea, en xuvenil feminino; a Sociedade Deportiva de Remo Astillero, en xuvenil masculino; e Orio Arraunketa Elkartea levou os títulos absolutos masculino e feminino.

No campionato tamén competiron outros clubs da ría de Vigo: Tirán-Pereira, en absoluto feminino e xuvenil masculino; Samertolameu, en cadete feminino; e Vila de Cangas, en xuvenil feminino.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará