Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado do IES Pedro Floriani proclámase subcampión estatal de “Un Reto pola Ciencia”

WhatsApp Image 2026-05-21 at 10.49.39

O alumnado do IES Pedro Floriani recolleu o diploma de segundo posto na final estatal da iniciativa “Un Reto pola Ciencia”, impulsada pola Fundación Sener. O equipo galego representou a Galicia o pasado 19 de maio nas instalacións do Sincrotrón Alba, en Cerdanyola del Vallès (Barcelona), nunha xornada na que defenderon os seus proxectos diante dun xurado especializado e puideron visitar un acelerador de partículas.

Cinco estudantes de Redondela —Mauro García, Pedro Limeres, Roi Martínez, Alán Rey e Bruno Veiga— acadaron o segundo posto a nivel estatal co proxecto “Sen radio, sen problema”, que propón substituír as comunicacións por ondas de radio tradicionais por un láser infravermello codificado para mellorar as transmisións no espazo. Esta idea é totalmente real e actual. A NASA xa a está a poñer en práctica: o sistema O2O (Orion Artemis II Optical Communications System) utiliza láseres infravermellos para enviar datos a alta velocidade desde a nave Orion durante a misión Artemis II, lanzada en abril de 2026. Permite transmitir moita máis información (imaxes en alta resolución, vídeo en 4K, etc.) que as comunicacións radio tradicionais.

Os alumnos do Floriani presentaron propostas innovadoras para mellorar esta tecnoloxía. Propuxeron substituír os cristais por diafragmas no transmisor óptico, inspirándose nas cámaras fotográficas, co fin de reducir peso. Ademais, desenvolveron un sistema de apuntamento modular que permite axustar a frecuencia do infravermello para crear un raio de luz máis ancho durante a fase inicial de conexión e, unha vez establecida a sinal, pasar a frecuencias elevadas para a transmisión masiva de datos. Como idea de futuro, propuxeron crear unha rede de satélites ópticos intelixentes.

En total, once estudantes de Redondela chegaron á final: cinco do IES Pedro Floriani e seis do IES Illa de San Simón. O equipo de San Simón, formado por Helena, Uxúe, Ana, Almudena, Zoe e Lía (2º da ESO), presentou unha solución para captar, almacenar e reutilizar CO₂ en empresas de recarga de extintores, centrándose na redución de emisións contaminantes.

A iniciativa chegou por primeira vez a Galicia da man da enxeñeira aeroespacial redondelá Xunqueira Ézara. Os proxectos destacaron pola súa orientación cara á tecnoloxía, a sustentabilidade e a enxeñaría espacial.

Imaxes das alumnas do IES San Simón na súa presentación.
Visita ao acelerador de partículas.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará