Hoxe é Venres 10 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concurso  “King Burger” de O Funil entra na recta final

Diseño sin título (5)

Foto de Marta e Chopi coa burger “Original Berni” de Campa

O Funil de Redondela chega á recta final do seu concurso popular de hamburguesas King Burger, que terá a gran final o 30 de abril. Tras tres meses de éxito presentando as creacións ideadas pola veciñanza, o local preparase para unha xornada especial na que pechará a carta habitual e só ofrecerá The King Burger: unha hamburguesa única composta polas catro finalistas.

Desde xaneiro xa se levan catro meses de competición. Houbo máis de vinte propostas, das que eles seleccionaron catorce. “Escollémolas xunto co noso cociñeiro porque el tamén ten que aprender a facelas e iso ten a súa complicación”, explican os donos Chopi e Marta. Agora, en abril, quedan só tres burgers no cartel e abril é o momento de probalas e votar.

En abril comezou rodaxe da Original Berni, de Campa, a Virra e a Vella Ciao.  Como en cada edición mensual, só se preparan 50 unidades. Estarán dispoñibles ata esgotarse “para que todos teñan as mesmas posibilidades”.

Propostas gañadoras

As propostas anteriores deixaron bo sabor de boca e algunhas anécdotas memorables. A gañadora de xaneiro foi a A Galega : agulla de tenreira galega, carrilleiras de porco ao licor café e queixo afumado. Sorprendeu a todos pola súa ousadía e acabou sendo a favorita do público. En febreiro triunfou a Escarmento de Aldara: tenreira suculenta, panceta crocante, queixo Edam fundido, tomate fresco, rúcula, salsa de pemento, vinagre de Módena e un toque de piripiri que lle dá ese equilibrio perfecto entre doce, ácido e picante. E en marzo, a Pitas Pitas de Raquel: hamburguesa de polo coroada con queixo tetilla galega fundente, pementos de piquillo, un delicado toque picante, leituga fresca e tomate.

Tamén houbo propostas máis arriscadas entre as finalistas.“Saíron receitas con atún e bacallau. A xente tira un pouco polo tradicional, pero nós apostamos polas que tiñan máis orixinalidade”, contan.

Como se vota e como será a gran final

O sistema de votación é sinxelo: ao pagar a hamburguesa recíbese un ticket cun QR. A xente sobe unha foto do ticket, elixe o número da súa hamburguesa e puntúa de 1 a 5 estrelas en prezo, orixinalidade, presentación e sabor.

O 30 de abril O Funil pechará a carta habitual. Ese día só se poderá pedir The King Burger: unha hamburguesa composta por catro cachos (un cuarto de cada unha das gañadoras mensuais de xaneiro, febreiro, marzo e abril).  Cada porción levará un pincho de identificación con temática diferente . Ao rematar, cada cliente introducirá o pincho na urna correspondente á súa favorita. Ao final da noite, contaranse os pinchos e elixirase a gañadora absoluta. En caso de empate, un pequeno xurado resolverá.

O premio

A persoa gañadora levará un trofeo “ben chulo” e, sobre todo, un recoñecemento que dura todo un ano: a súa hamburguesa entrará na carta fixa de O Funil co seu nome e recibirá o 10 % dos beneficios de todas as unidades que se vendan durante doce meses.

Chopi e Marta recoñecen que o concurso superou todas as expectativas. “Créase un ambiente moi guai coa xente debatendo na terraza e aportando novas ideas”.

O 24 de maio O Funil cumprirá un ano. “Vamos a pechar unha semana e marchamos de vacacións ao Festival Millo Verde”, avanzan. Despois retomarán o ritmo e, seguro, algunha sorpresiña máis. De momento, o 30 de abril centran todas as enerxías na gran final.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará