Hoxe é Xoves 9 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A poesía toma as rúas co alumnado do Pedro Floriani e Mendiño

artelixo poemas

O alumando dos institutos da Marisma participou na mañá de hoxe nunha nova edición da proposta “poesía para peóns” que se celebra cada ano co gallo do Artelixo. Rapaces e rapazas dos centros Pedro Floriani e Mendiño decoraron os pasos de peóns con versos propios e de autores e autoras recoñecidos.

Poesía e versos forman parte tamén dun certame que chegará ao seu remate oficial este sábado, nunha xornada de clausura que inclúe unha intensa programación que arranca xa as 12:00 horas coa apertura do mercadiño de segunda man que se celebra na Alameda de Castelao. Uns stands que permanecerán abertos ata as 20:00 horas.

As cinco da tarde na Feira do Gando comezará o ObraLixo, un obradoiro para crianzas e familias no que os participantes crearán pequenos teares con materiais de refugallo a partir de redes de pesca que finalmente uniranse para crear un gran tear colaborativo.

A continuación, sobre as seis da tarde, chegará o SonaLixo que conta xa con varias bandas confirmadas: Paciencia Paradise, SPT (societyispurityofterror), Txavalada, Autofelación matutina e Eskombro dominicano.

Ao mesmo tempo desenvolverase a actividade “O arte non ten cancelas”, cun mural colaborativo guiado polo artista Xerardo Rodríguez, Chere. O mural recuperara o graffiti máis antigo de Redondela que encontrábase no scalextric e reivindicaba unha marisma viva. Aquel mural fora froito da loita de varias asociacións de veciños nas que participaba Félix Cal, a quen ArteLixo quere dedicar a nova obra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará