Hoxe é Mércores 8 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Suprimidas durante un mes as paradas de Redondela, Picota e Cesantes nos trens do Corredor Atlántico

2e681acf-25fa-4947-90fd-03da5cf1b2c5 - Editada

As obras de modernización da liña convencional do Miño (Ourense-Vigo), que leva a cabo Adif, provocaron desde o pasado 7 de abril a supresión temporal das paradas en Redondela, Redondela Picota e Cesantes nos trens do Corredor Atlántico.

Os trens rexionais que normalmente paran en Guixar, Redondela, Redondela Picota e Cesantes van trasladar agora esas paradas á estación de Redondela Alta Velocidade (en Reboreda). Deste xeito, os viaxeiros poden seguir usando o servizo, só que desde un punto diferente.

Estes trens rexionais (os que van cara a Pontevedra, Santiago e A Coruña) saen agora desde a estación de Urzáiz (en vez de Guixar) mentres duren as obras nas vías, túneles e sinalización do treito Vigo Guixar-Redondela. Circulan pola liña de Urzáiz ata Arcade e, desde aí, continúan o seu traxecto normal sen máis cambios.

Dende Renfe aseguran que está garantida a cobertura de todos os servizos. Aínda así, recomendamos aos viaxeiros consultar sempre a páxina web de Renfe para comprobar calquera cambio ou modificación de horarios. Espérase que estea restablecida a normalidade de cara ao 7 de maio.

Ademais, os trens Vigo-Ponferrada e o internacional Tren Celta Vigo-Porto terán substituído por autobuses o percorrido entre Redondela e Guillarei (Tui) durante aproximadamente un ano, debido ás obras. No caso do Vigo-Ponferrada o autobús chega ata Ourense, e no Tren Celta ata Valença do Miño (primeira parada en Portugal).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará