Hoxe é Martes 7 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidas dúas persoas en Chapela tras unha agresión mutua nun domicilio

poli local

Axentes da Policía Local de Redondela detiveron na tarde de onte luns un home e unha muller na parroquia de Chapela, no municipio de Redondela, tras un episodio de violencia ocorrido no interior dun domicilio.

Segundo fontes policiais, os feitos producíronse despois de recibir un aviso por unha forte discusión. Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que ambas persoas se agrediran mutuamente, polo que procederon á súa detención.

Durante a intervención, a muller mostrou unha actitude de resistencia, chegando supostamente a intentar morder a un dos axentes, segundo indicaron as mesmas fontes.

No operativo tamén participou unha patrulla da Policía Nacional en apoio á intervención. As dilixencias foron remitidas á autoridade xudicial correspondente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará