Hoxe é Luns 6 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 40.000 persoas gozaron da Festa da Ostra na fin de semana

maria codesido durante o pregon

A Festa da Ostra viviu este domingo o seu día grande, xornada na que se despacharon preto das 40 mil ostras. A pregoeira e veciña de Arcade, María Codesido García, emocionou aos asistentes cun pregón cargado de forza, alegría e vitalidade. A cita gastronómica despediuse logo dunha fin de semana que achegou ao peirao de Arcade máis de 40.000 mil persoas animadas polo bo tempo e os festivos da Semana Santa.

A xornada do domingo arrancou coa música da Banda Artística e a Banda Cultural de Arcade. O tempo acompañou e animou a milleiros de persoas a achegarse á carpa na que se servía a ostra ao natural e os pratos cociñados polo Calidus Catering que lidera o veciño da localidade Joaquín Lema. Pratos maridados cos mellores viños Albariños de Soutomaior (Noelia Bebelia, María Vinyals e Quinta da Eiras) e que supuxeron a venda de máis de 40 mil unidades do prezo do molusco.

Ás 13:00h. chegou a quenda do pregón a cargo de María Codesido García, quen emocionou aos asistentes cun texto no que contou o que sinte por Arcade  “Aquí medrei. Aquí xoguei. Aquí aprendín. E aquí fun descubrindo pouco a pouco quen era. E posiblemente algúns dos desafíos persoais máis grandes da miña vida sucederon tamén aquí”.

A continuación María contou a súa historia persoal lembrando lembrando que naceu con displasia e o proceso que a levou a pasar por quirófano en varias ocasións para alongar os seus osos e conseguir así pasar de 1,05 metros de altura aos case 1,30 que ten actualmente. Agradeceu tamén a toda a comunidade o seu apoio “Así podería falar de toda a sorte que foi para min medrar en Arcade. Da súa xente que sempre me mirou como quen son: María. E non simplemente como unha persoa dun metro de altura”.

Unha Festa da Ostra que congregou en Arcade diferentes autoridades como o alcalde Manu Lourenzo ou a Conselleira do Mar, Marta Villaverde, e que chegou ao seu remate coa música en directo de “Louband”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará