Hoxe é Luns 6 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para participar nas excursións do programa “Redondela descubre”

viaxees maiores

A iniciativa, destinada a persoas de máis de 55 anos, inclúe catro destinos: O Grove, Betanzos, Noia e O Carballiño. A primeira saída terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril á localidade do Grove. As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición na Oficina de Turismo. O prazo permanecerá aberto do 7 ao 14 de abril.

O Concello de Redondela presenta unha nova edición do programa de viaxes para a terceira idade “Redondela Descubre”. Este ano o goberno local repite esta aposta para reforzar o envellecemento activo e a convivencia cun total de 1.800 prazas. O programa consta de catro viaxes culturais por diferentes puntos de Galicia. Cada destino contará con 450 prazas, distribuídas en tres quendas de 150 persoas por día para garantir a comodidade e a calidade das visitas.

A programación arrancará este mesmo mes de abril cunha excursión ao Grove con tres saídas, os días 27, 28 e 29 de abril. O programa está dirixido a todas as veciñas e veciños de Redondela maiores de 55 anos que deberán formalizar a súa inscrición na Oficina de Turismo de Redondela. O prazo permanecerá aberto do 7 ao 14 de abril, ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles. O horario de atención ao público é de martes a domingo, de 11:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde.

Nos vindeiros meses organizaranse viaxes a Betanzos, Noia e O Carballiño. A alcaldesa, Digna Rivas, o obxectivo principal é ofrecer “unha alternativa de ocio saudable, promovendo o coñecemento do noso patrimonio e estreitando lazos entre a veciñanza das diferentes parroquias”.

Máis alá do compoñente turístico, o Concello destaca o valor social desta iniciativa. “Redondela Descubre” está deseñado para que os nosos maiores compartan experiencias e fortalezan os seus vínculos nun contorno de convivencia. Estas viaxes de ocio e cultura son unha ferramenta fundamental para combater a soidade e manter a actividade física e mental, permitindo ao mesmo tempo gozar da gastronomía e o patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará