Hoxe é Venres 3 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Lagoa dos Bébedos impulsa un curso para obter a licenza de navegación

lagoa

A Asociación Lagoa dos Bébedos vén de anunciar a posta en marcha dun novo curso de patrón/patroa de embarcacións dirixido á veciñanza interesada en iniciarse na navegación de recreo. A iniciativa busca facilitar o acceso á licenza de navegación mediante unha formación breve, accesible e sen necesidade de exame. O prezo do curso é de 100 euros.

O curso terá unha duración total de seis horas e permitirá ás persoas participantes obter a licenza que habilita para gobernar embarcacións de ata 6 metros de eslora.

As primeiras convocatorias están previstas para o sábado 18 de abril e o venres 1 de maio. Desde a organización sinalan que existe a posibilidade de programar novas datas para grupos cun mínimo de catro persoas, co obxectivo de facilitar a participación.

A actividade desenvolverase con saída e retorno no Real Club Náutico de Vigo. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos 986 442 351 e 673 828 251, así como mediante o correo electrónico facilitado pola organización.

Con esta proposta, a Asociación Lagoa dos Bébedos continúa promovendo actividades formativas e de lecer vinculadas ao mar, fomentando a participación da comunidade e o achegamento á cultura marítima.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará