Hoxe é Luns 30 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa da Pascua na Vía Verde de Chapela para o público infantil

vía verde

A Asociación Veciñal de Chapela organiza a Festa da Pascua na Vía Verde, unha actividade dirixida ao público infantil que terá lugar o vindeiro sábado 11 de abril ás 17:00 horas e que inclúe contacontos, obradoiros, busca de ovos de Pascua e merenda na Vía Verde (Antiga Estación) de Chapela.

O evento ofrecerá unha tarde chea de propostas lúdicas e educativas para os máis pequenos, entre as que se inclúen unha caza de ovos de Pascua con sorpresa, talleres de decoración de ovos, xogos organizados, contacontos baixo o título Manolito o Gato Travieso e actividades tradicionais como a carreira de sacos.

Co obxectivo de adaptar as actividades ás diferentes idades, establécense dúas categorías: nenos e nenas de 3 a 7 anos e de 8 a 11 anos. As prazas son limitadas e os menores deberán asistir acompañados por unha persoa adulta.

A inscrición ten un custo de 5 euros por participante, importe que inclúe a participación nas actividades, merenda e distintas sorpresas. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición chamando ao número 600 522 904 ou acudindo ao local da Asociación Veciñal de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará