Hoxe é Luns 30 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amadeo Abal e Sabela Castelo, vencedores absolutos na estrea da 7K da Ostra en Soutomaior

ostra gañadores mp3

O concello de Soutomaior viviu este domingo unha xornada marcada polo deporte e a participación coa celebración da primeira edición da 7K e da Carreira Infantil da Ostra, que reuniu máis de 800 persoas entre ambas probas.
A carreira absoluta contou con arredor de 300 participantes e deixou como gañadores a Amadeo Abal, cun tempo de 19:06, seguido de Hugo García e Mario Rodríguez, mentres que na categoría feminina se impuxeron Sabela Castelo (23:25), Noemí Álvarez e Olalla Saborido. Na clasificación de corredores locais, os primeiros postos foron para Pablo Ulla, Daniel Álvarez e Eduardo Conde, e para Lucía Cayetano, María Ulla e Charo Fervenza.
A xornada completouse coa Carreira Infantil da Ostra, de carácter non competitivo, que reuniu a máis de 500 nenos e nenas en diferentes categorías por idade. A proba incluíu tamén unha carreira inclusiva, cun percorrido adaptado, no marco do programa municipal de accesibilidade.
Ademais do seu carácter deportivo, o evento contou cunha vertente solidaria coa participación das asociacións Asociación Bicos de Papel, Asociación Libélulas BCS Pontevedra e Asociación Anedia, que percorreron os últimos metros da 7K para dar visibilidade ao seu labor.
Organizada polo Concello de Soutomaior, coa colaboración de diversas entidades, a cita destacou polo seu ambiente deportivo, familiar e inclusivo, consolidándose como unha nova proposta no calendario deportivo local e forma parte da programación da Festas da ostra que vivirán a vindeira fin de semana os seus días grandes coa apertura dos stands de degustación e un programa cargado de música e actividades en paralelo.
Na entrega de premios estivo presente tamén a conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen destacou a importancia deste tipo de iniciativas, que combinan a promoción dos produtos do mar co lecer e o deporte, contribuíndo, en paralelo, a dinamizar a economía local e a poñer en valor os recursos mariños de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará