Hoxe é Luns 30 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de médicos mobiliza á Asemblea pola Sanidade Pública

sanidade cartel

O colectivo convoca unha xuntanza veciñal este martes 31 de marzo ante a “grave situación que atravesa o Centro de Saúde de Redondela”. A falta de facultativos provoca demoras de ata máis dun mes, principalmente para aqueles pacientes que teñen a quenda de tarde. O colectivo fai un chamamento a acudir a este reunión que terá lugar mañá no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.

O obxectivo desta reunión é informar sobre a grave situación sanidade no Centro de Saúde de Redondela, especialmente pola falta de profesionais que causan baixa por diferentes motivos e que non son substituídos dende o Sergas. Unha situación que afecta de maneira máis preocupante a quenda de tarde. Actualmente, faltan tres facultativos, o que provoca demoras nas citas que superan mais de 30 días, derivando pacientes á PAC e colapsando o servizo de urxencias .

Por todo isto, a Plataforma Redondelá fai un chamamento tanto a profesionais como a usuarios e usuarias dos centros de saúde de Redondela, Chapela, Pazos de Borbén e Fornelos para apoiar esta loita social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará