Hoxe é Xoves 26 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Beirarrúas en mal estado e curvas perigosas poñen en risco a peóns e condutores na estrada de Reboreda

reboreda

O Concello denuncia a perigosidade da PO-250 e reclama á Xunta medidas urxentes de seguridade para frear a velocidade na zona e mellorar os pasos peonís no acceso ao centro. A alcaldesa, Digna Rivas, denuncia que o “estado deficiente” das beirarrúas xa provocaron caídas e lesións entre a veciñanza.

O Goberno local urxe medidas para calmar o tráfico no acceso ao centro da vila pola rúa Xoán Manuel Pereira, e o resalte do paso de peóns desde a rúa San Xoán de Arcal. Os veciños afirman que os vehículos “non respecta a velocidade nin o paso de peóns”, o que supón un perigo especialmente para os nenos e persoas con mobilidade reducida”.

Ante esta situación, o Concello volve esixir á Xunta de Galicia unha intervención nesa estrada autonómica PO-250, que une o municipio con Pazos de Borbén.

Explican que o estado das beirarrúas é un dos puntos máis críticos con “numerosos tramos con baldosas rotas, desprazadas ou con desniveis”. Unha situación que xa ten provocado caídas de veciños e veciñas, con consecuencias especialmente graves para persoas con mobilidade reducida. Advirten tamén da existencia de “curvas perigosas que supoñen un risco tanto para o tráfico rodado como para os peóns”.

Unha das maiores preocupacións céntrase na confluencia da PO-250 co centro urbano, na rúa Xoán Manuel Pereira. Tanto o Concello como os residentes da zona urxen á Xunta a adoptar medidas de calmado do tráfico neste tramo. A petición inclúe a mellora das beirarrúas e a instalación dun paso de peóns resaltado no acceso dende a rúa San Xoán de Arcal. Os veciños denuncian que os vehículos “non respectan os límites de velocidade nin o paso de peóns”, unha situación insostible nunha zona de tránsito peonil constante. As demandas neste tramo remóntanse a anos atrás. En 2023 o Concello remitiu un informe da Policía Local á Deputación de Pontevedra, administración da que depende a rúa San Xoán de Arcal. O documento demanda actuacións nesta vía para mellorar a mobilidade de tráfico e peóns. Ata o de agora o Concello non recibiu resposta por parte do organismo provincial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará