Hoxe é Xoves 26 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Ata aquí chegaba o mar”: ArteLixo transforma Redondela en arte e reivindicación

Diseño sin título (1)

Máis dun cento de obras e artistas responderon ao chamamento ecoloxista, reivindicativo e cultural do Artelixo. Un programa que se desenvolverá dende o 27 de marzo ata o 11 de abril e que inclúe exposicións, concertos e un mercadiño de segunda man na Alameda. A inauguración oficial será este venres 27 de marzo ás 19:00 horas cunha emisión especial do programa “Onda Torrella” da Radio Municipal dende o Multiúsos e a apertura da exposición “Pedras” de Xosé Cabaleiro.

Os organizadores do Artelixo están xa a traballar na colocación de todas esas obras que permanecerán en rúas, prazas e escaparates da vila ata o vindeiro 11 de abril. Unhas obras que teñen en común o feito de estaren realizadas con material de reciclaxe. Moitas delas responden a temática proposta “Ata aquí chegaba o mar!” que busca reflexionar sobre o trato que lle damos aos nosos mares e, máis concretamente, á enseada.

Fran Larry

Unha proposta que xurde da colaboración do ArteLixo co proxecto Mariscando conCiencias para o Futuro que contempla a Arte Cidadá como unha composición de saberes para imaxinar e construír futuros sostibles. Unha iniciativa, na que participan AMARTURMAR, grupo de profesionais da pesca costeira artesanal, Future Oceans Lab (Uvigo), grupo de investigación adscrito ao campus do mar da Universidade de Vigo, ArteLixo, Concello de Redondela e Cidadania S. Coop. Galega, cooperativa que promove a participación social nas políticas públicas.

Marcos Lareira

O certame inaugúrase oficialmente este venres 27 de marzo cun acto conducido polo programa Onda Torrella de Radio Redondela. Dende as 19:00, no Multiusos de Redondela, haberá música co grupo Manifesta-T e abriranse catro exposicións.

Na sala 1 o autodidacta Xosé Cabaleiro exporá “Pedras” mentres que na sala 2 se poderá visitar a exposición colectiva de pintores redondeláns que debuxan o mar de Redondela. Uns cadros que convivirán con “Elas deciden: Mulleres do mar de El Salvador e Galicia tecendo redes”, unha exposición que vincula, a través de fotografías e testemuños, a mulleres traballadoras da pesca artesanal de El Salvador e de Galicia e que agora recala en Redondela tras pasar por outras salas expositivas. As exposicións de sala estarán abertas ata o 19 de abril

O colectivo ArteLixo tamén propón un roteiro “A través do mar de Redondela” polos bares da vila para comprobar ata onde chegaba o mar en fotografías que son parte da decoración dos bares da vila.

O 9 de abril, o alumnado dos institutos da marisma redondelá encherán os pasos de peóns de poesía na tradicional “Poesía para peóns” que cada ano celebrase con motivo do ArteLixo.

A clausura chegará o 11 de abril cunha programación que inclúe un mercadillo de segunda man na Alameda de Castelao entre as 12:00 e as 20:00 horas. As 17:00, na feira do gando, comezará o ObraLixo, un obradoiro para crianzas e familias no que a partir de refugallos construiranse diversos obxectos. A continuación, as 18:00 horas comezará o SonaLixo, un encontro musical onde, segundo ArteLixo, “os músicos e músicas subiranse ao escenario dun xeito informal, tecendo complicidades”.

Ao mesmo tempo desenrolarase a actividade “O arte non ten cancelas”, cun mural colaborativo guiado polo artista Xerardo Rodríguez, Chere. O mural recuperara o graffiti máis antigo de Redondela que encontrábase no scalextric e reivindicaba unha marisma viva. Aquel mural fora froito da loita de varias asociacións de veciños nas que participaba Félix Cal, a quen ArteLixo quere adicar a nova obra.

Ás 20:00 horas O concurso de Maquetas de Millo Verde tomará a muda prolongándose a xornada ata a madrugada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará