Hoxe é Venres 27 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sinsal amplía a súa duración a dúas fins de semana e expándese dende San Simón ao Camiño Portugués

sinsal

A edición de 2026 de Sinsal SON Estrella Galicia amplía o seu formato por vez primeira combinando a súa cita na illa con novas actividades en Vigo e no Camiño Portugués. Os concertos en San Simón serán os días 24, 25 e 26 de xullo e como todos os anos, o cartel manterase en secreto.

O Sinsal, a cita na que o público só descobre a programación de bandas e artistas ao desembarcar en San Simón, regresará á illa do 24 ao 26 de xullo. Este enclave, no que se desenvolve desde 2010, é un piar fundamental da súa identidade. Ao longo destas 15 edicións, máis de 30.000 persoas chegadas de todo o mundo puideron achegarse, a través do evento, á memoria do arquipélago.

Neste 2026, o Sinsal expandirá a súa acción pola ría de Vigo e outros territorios ata superar as fronteiras xeográficas. A travesía levará o festival a transitar polo Camiño luso, reforzando o vínculo co país veciño que o evento cultiva desde os seus inicios —tanto pola incorporación de bandas como pola notable porcentaxe de público portugués que asiste a cada edición—

Deste xeito, Sinsal contará con directos e propostas culturais tanto na cidade viguesa como noutras localidades da contorna. Aínda que algunhas actividades terán lugar na mañá do venres 24, o groso desta programación decorrerá do 31 de xullo ao 2 de agosto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará