O atleta Gael Couñago Romasanta, do Club de Atletismo de Redondela (CAR), conseguiu unha excelente cuarta posición (coñecida como “medalla de chocolate”) no Campionato de España Sub-20 de atletismo, disputado en Sabadell.
Gael participou na proba de salto de altura, onde acadou unha marca de 1,99 metros, igualando o rexistro do terceiro clasificado, pero quedando fóra do podio por moi pouco.
Dende o club destacaron o “fantástico resultado” do deportista, que estivo dirixido e acompañado polo seu adestrador Javier Besada. “Parabéns Gael, estamos moi orgullosos de ti”, sinalaron.









