Hoxe é Venres 27 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Correos en Redondela ao límite: protestas pola falta de persoal e polo aumento da carga laboral

correos 2

O cadro de persoal denuncia unha situación “insostible” con só 12 efectivos para 21 prazas, mentres a CIG reclama medidas urxentes contra a precariedade. Alertan de que a situación actual deriva en estrés, desorganización e atrasos nas entregas.

O persoal de Correos en Redondela, xunto con traballadores doutras unidades, concentrábase esta fin de semana diante do Concello para amosar o seu rexeitamento ás condicións laborais que, segundo denuncian, están a empeorar de maneira continuada. A mobilización, apoiada pola CIG, puxo o foco na falta de persoal, a presión crecente e a desorganización do servizo.

Baixo o lema “Queremos traballar e non rebentar”, o colectivo advertiu de que a situación actual está a provocar unha elevada carga de traballo, cambios constantes nas zonas de reparto e unha sensación permanente de incerteza entre o persoal. Segundo a central sindical, non se teñen en conta factores clave como a dispersión xeográfica, a quilometraxe ou o volume de envíos.

Suso Represas, delegado CIG Correos

A CIG denuncia que o servizo de reparto na zona —que abrangue tamén Pazos de Borbén, Fornelos e Soutomaior— funciona con só 12 persoas para cubrir 21 prazas, unha carencia que cualifican de “insostible”. Esta falta de efectivos está a provocar retrasos na entrega de correspondencia sensible, como notificacións administrativas, citas xudiciais ou comunicacións médicas que chegan fóra de prazo con posibles consecuencias graves para a cidadanía.

O sindicato alerta tamén do impacto na saúde do persoal, cun aumento dos accidentes laborais e das baixas por ansiedade derivadas do estrés. Neste sentido, instan á Inspección de Traballo e Seguridade Social a actuar ante o que consideran unha vulneración da normativa en materia de prevención de riscos laborais.

Ademais, critican o modelo de xestión da empresa pública, que cualifican de “amazonización”, en referencia ás prácticas da multinacional Amazon. Segundo sinalan, esta estratexia busca competir no sector da loxística a costa de deteriorar as condicións laborais e o servizo público.

Ante esta situación non descartan convocar novas mobilicacións e trasladarán estas damandas aos concello para recabar o seu apoio.

Finalmente, a CIG reclama ao Goberno que garanta o cumprimento da lei postal e que adopte medidas para reforzar o persoal e mellorar a organización do traballo, advertindo de que, de non facelo, o servizo de Correos na zona podería entrar nunha situación límite próxima ao colapso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará