Hoxe é Venres 20 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela insta ao Ministerio de transportes a axilizar a reforma da N-552 ao seu paso por Chapela

avenida redondela - Editada

A actuación, valorada en 1 millón de euros, inclúe a reordenación de accesos, a mellora de beirarrúas e a reparación da pasarela peonil do instituto. Malia que o Ministerio confirmara a redacción do proxecto en outubro de 2021 a día de hoxe o Concello carece de información ao respecto.

Os antecedentes do proxecto remóntanse a 2021, nunha reunión telemática entre a alcaldesa e o entón secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón. Nese encontro, confirmouse o inicio da redacción do proxecto de reordenación de accesos e adecuación das marxes. En outubro dese mesmo ano, o Ministerio ratificou que a actuación contaría cun investimento estimado de un millón de euros.

O proxecto previsto polo Mitma abrangue o acondicionamento das distintas interseccións do viario, o tratamento das marxes para completar e mellorar a rede de beirarrúas e, de xeito prioritario, a reparación da pasarela peonil situada fronte ao instituto, un punto clave para a mobilidade escolar.

“A día de hoxe, o Concello non ten ningunha información de como se atopa o proxecto”, sinala Rivas. Por este motivo, o Concello solicitou unha resposta inmediata por escrito ou a convocatoria dunha nova reunión cos responsables actuais de infraestruturas para desbloquear esta actuación de titularidade estatal. O Goberno local de Redondela reitera que a reforma da N-552 “é unha necesidade histórica para os veciños e veciñas” e que non cesará de reclamar “que se cumpran os prazos e investimentos comprometidos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará