O grupo municipal do PP acusa ao goberno de Rivas dunha xestións neglixente do saneamento tras un vertido de augas residuais no tramo urbano do río Maceiras. Os populares reclaman transparencia sobre o ocurrido despois de que Augas de Galicia sancionase ao Concello con con 2.400 euros por estes feitos.
Os populares reclaman explicacións públicas por parte do goberno de Digna Rivas para que a cidadanía coñeza en que consistíu o vertido, que cantidade chegou ao leito deste cauce e cales foron os materiais contaminantes que chegaron ao río polo funcionamento ineficiente e unha actuación municipal neglixente nas instalacións municipais de saneamento do Convento de Vilavella.
Segundo explicou a formación liderada por Javier Bas, este vertido é indiscutible e afectou ao río por responsabilidade e culpa do Concello, algo que admitíu o propio goberno local ao aceptar a imposición da sanción de 2.400 euros e ordear o seu pago a través dunha resolución da Alcaldía.
O concelleiro popular Miguel Álvarez lamenta o que cualifica “ecoloxismo de pacotilla” das forzas de esquerda ante esta situación. Neste senso, indicou que, entre as súas propostas de “papel mollado”, figuraban o remate dos vertidos, a construción dun tanque de tormentas ou o axeitado mantemento dos paseos naturais, entre outros.
Ademais, o edil popular reclamou, máis alá desta circunstancia, que o Concello sexa máis eficiente na xestión do saneamento para evitar que se reproduzan estes episodios, que calificou de especialmente preocupante por estar nunha contorna urbana con moito tránsito de xente: “Hai que coidar todo o río, augas arriba e augas abaixo, porque é a súa obriga como representantes públicos e máis cando o problema xurde dunha instalación municipal, pero a ninguén se lle escapa que nesa zona pode ter especiais consecuencias pola presenza de cativos ou mascotas”.
Finalmente, e á espera de que o goberno local emita a información pública correspondente, desde o PP redondelán tamén queren lembrar que as esixencias medioambientais de AER cando estaba na oposición “quedaron no esquecemento agora que está no goberno e que hai vertidos residuais pola súa propia actuación”.









