Axentes da Policía Nacional detiveron un individuo en Redondela como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido con diversas sustancias estupefacientes preparadas para a súa venda. Concretamente incautáronselle varias doses de heroina, cocaína e 125 euros en efectivo.
A intervención, realizada por axentes do Grupo de Atención ao Cidadán da Comisaría de Vigo-Redondela, ocorreron o pasado día 2, cando os axentes observaron a un home xunto a un vehículo estacionado cuxa actitude resultou sospeitosa. O individuo, que permanecía no interior do coche, mostrou un comportamento esquivo e vixiante ante a presenza policial. Tras darlle o alto, evidenciou un notable nerviosismo e tentou evitar o contacto cos axentes.
No rexistro inicial, os policías localizaron ocultos baixo a súa roupa dezaseis envoltorios que contiñan, presuntamente, cocaína, cun peso total de 4,2 gramos, así como outro seis envoltorios con heroína, que sumaban 1,2 gramos. Ademais, interviñéronselle 125 euros en efectivo, distribuídos en varios billetes.
O detido foi trasladado a dependencias policiais, onde se lle practicou un rexistro máis exhaustivo. Nesta inspección, os axentes atoparon un envoltorio de maior tamaño escondido na manga da súa roupa, que contiña outros 21 gramos de cocaína.
A Policía considera que a droga estaba destinada á súa distribución a pequena escala, polo que o arrestado foi posto a disposición xudicial.









