O accidente producíase pasadas as 13:30 horas de hoxe xoves na estrada entre Redondela e Vigo. Por causas que investiga a Garda Civil de Tráficos a motocicleta tería impactado contra un monovolume Renault Megane Grand Scènic. Todo apunta a que o turismo se incorporou á calzada sen que o motorista puidera facer nada para evitar o impacto.
A consecuencia da colisión o condutor da moto saíu despedido resultando ferido grave. Ata o lugar desprazáronse varias ambulancias de Urxencias Sanitarias do 061 para atender aos implicados no accidente. As dúas ocupantes do turismo non presentaban feridas de gravidade, mentres que o motociclista foi trasladado a un centro hospitalario.










