Hoxe é Mércores 18 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reboreda recupera un dos seus símbolos, o Carballo das Cen Pólas, coa plantación dun novo exemplar

carballo plantación

A parroquia de Reboreda acolle este sábado 21 o acto oficial en torno á plantación dun novo carballo, nun acto cargado de simbolismo que coincide coa celebración do Día da Árbore. Este exemplar substituirá ao actual, que permanece seco desde hai aproximadamente 40 anos. A iniciativa, impulsada pola asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas, pon en valor a relevancia cultural e histórica deste enclave.

A iniciativa está promovida pola asociación Amigos do Carballo dos Cen Pólas e enmárcase na celebración do Ano Ramón Otero Pedrayo, considerado o patriarca das letras galegas, quen mantivo un vínculo especial con esta parroquia. O autor chegou a inmortalizar o lugar onde se realizará a plantación na súa última novela, O señorito da Reboraina.

Nesta obra, o Carballo adquire un protagonismo destacado. Otero Pedrayo recrea nel o xantar que, en 1873, Xoán Manuel Pereira organizou baixo a súa sombra para homenaxear ao presidente da Primeira República Española, Emilio Castelar, durante a súa visita. Aquel encontro histórico simboliza a hospitalidade e a relevancia deste lugar máis aló das nosas

Como mostra de agradecemento pola súa implicación neste proxecto de recuperación, a asociación fará entrega dun exemplar da novela ás entidades colaboradoras que participen no acto.

Un acto que arrancará ás 11:30 horas no torreiro de Reboreda. Dende alí os participantes desprazaranse ata o Prado acompañados pola música da Asociación Folclórica “O Carballo das Cen Pólas” e logo das intervencións do presidente da Asociación, Carlos Rodríguez e do divulgador cultural Xosé Couñago que falará do valor histórico e cultural deste espazo terá lugar o acto simbólico de aterramento do novo carballo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará