Hoxe é Martes 17 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior acolle un encontro co ex corresponsal Joan Cañete Bayle sobre a realidade do pobo palestino

souto-cartel

O Concello de Soutomaior organiza este mércores 18 de marzo ás 20:00 horas no Multiusos de Arcade unha charla con Joan Cañete Bayle, ex corresponsal de El periódico en Xerusalén. O xornalista compartirá a súa experiencia sobre a situación do pobo palestino nun acto aberto a toda a cidadanía.

Baixo o título “A situación en Oriente Medio. Unha ollada dende Palestina” o xornalista e escritor Joan Cañete abordará esta cuestión dende a súa experiencia como corresponsal en Xerusalén e autor de libros vinculados a esta temática como o ensaio sobre o conflito palestino-israelí ‘Muros, bosques, tumbas: Un periodista en Jerusalén’.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará