Hoxe é Martes 17 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela-Wofco conquista o Grove, pero deixa escapar a bandeira de Domaio

653706384_1535694641895148_5666517142107920908_n

Foto de MachRemo

O Club de Remo Chapela-Wofco conquistou a bandeira de honor xeral masculina da VIII Bandera de Amegrove en Porto Meloxo (O Grove), sen embargo en Domaio a bandeira masculina foi para Samertolameu.

Na V Bandeira Comunidade e Montes de Domaio , disputáronse oito regatas. As vitorias repartíronse así: Samertolaméu-Oversea e Vila de Cangas con dúas cada un; Tirán-Pereira, Mar de Bueu-Simei, Mecos e Chapela-Wofco con unha cada un. A bandeira de honor xeral masculina foi para Samertolaméu e a feminina para Tirán-Pereira.

O domingo, na VIII Bandera de Amegrove (en O Grove), os resultados foron máis variados: Tirán-Pereira gañou tres regatas, mentres que Vila de Cangas, Mecos e Chapela-Wofco lograron dúas cada un, e o resto (Bueu-Simei, Samertolaméu-Oversea, Vilaxoán, Amegrove e Meira) unha cada un.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará