Hoxe é Martes 17 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo rescata un punto no último minuto ante Cañiza

653710859_1505766018224987_8831309400347710281_n

Na División de Honra Prata Femenina, SAR Rodavigo non puido pasar do empate a 27-27 ante o Balonmán Cañiza nun vibrante derbi galego disputado no pavillón da Bomboneira . Un punto que sabe a pouco para as locais, pero que mantén viva a loita na clasificación.

O encontro, segundo explican nas redes sociais do club, foi de alta intensidade desde o primeiro minuto, cunha igualdade constante como nota dominante. Ningún equipo logrou abrir unha brecha significativa, con vantaxes que nunca superaron os dous goles. Ata o descanso, o marcador reflectiu ese equilibrio perfecto: 15-15.

Na segunda metade, o guión non variou: constantes respostas de ambos os lados, defensas duras e ataques rápidos. No último cuarto, o Cañiza pareceu tomar a iniciativa ao poñerse 24-26, pero a SAR Rodavigo non se rendeu. Nun final de infarto, as redondelás igualaron o partido a falta de apenas 10 segundos para o final, deixando o resultado en 27-27. Un punto moi traballado nun derbi de máxima rivalidade.

En Segunda Autonómica Feminina

A SAR Impernoroeste deu unha gran imaxe na pista do líder, o Balonmano Abegondo, aínda que caeu por mínima: 27-26. Unha derrota dolorosa por un só gol, pero que demostra a capacidade do equipo. A próxima xornada, a Bomboneira acollerá un derbi redondelán ante As Choqueiras de Redondela.

O Liron Store Bueu Atlético Balonmán venceu ao CIES Obra Civil Balonmán Chapela por 29-24, nunha vitoria clara por cinco goles.

As Choqueiras de Redondela, pola súa banda, descansaron esta xornada e prepáranse para o derbi na Bombonera o vindeiro 22 de marzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará