Hoxe é Luns 16 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

La Chiva Gantiva e Rebeliom do Inframundo lideran o cartel do festival alternativo Millo Verde

,illo verde

O festival Millo verde regresa o vindeiro mes de maio á Praia de Cesantes cun cartel que celebra a música e a cultura independente. Ao londo de tres días, o 21, 22 e 23 de maio pasarán polo escenario o explosivos ritmos de La Chiva Gantiva e o rap Rebeliom do Inframundo, así como outras propostas emerxentes a cargo de Nadie González, Pladur e Vimbio, Pan de Capazo o Iyaman Pablo & Iris Reggae Vibes. A asistencia o xoves será de balde mentres que as entradas para as outras dúas xornadas están xa a venda na web do festival a un prezo de 18 euros día.

O festival arrincará o xoves 21 coas propostas de Nadie González, Pladur e Vimbio, abrindo tres días de convivencia e sons alternativos. O venres 22, o escenario vibrará cos ritmos de La Chiva Gantiva, Pan de Capazo, Iyaman Pablo & Iris Reggae Vibes, Mitad Doble e Esmorgadas, nunha xornada que tamén contará coa banda gañadora do concurso de maquetas.

O sábado 23 será o día de maior percorrido, con música e cor dende as primeiras horas da mañá. Os concertos e actividades sucederanse ao longo de toda a xornada, contando coas actuacións de Rebeliom do Inframundo, Alpargata, Fülü, Catalina Grande Piñón Pequeño, Carmen Xía, Lula Mora, Esmorgadas, Moon Cresta e Bloquinho Aperta, que se repartirán entre o día, a tarde e a noite para pechar esta decimonovena edición.

O público decide o cartel: Concurso de Maquetas con Artelixo

Un ano máis, o Millo Verde garda un oco de ouro no seu cartel para o talento emerxente. Da man de Artelixo, o vindeiro 11 de abril celebrarase o tradicional concurso de maquetas. Será o propio público quen, co seu voto, decida que banda gañará o dereito a actuar no festival o venres 22 de maio, mantendo viva a esencia participativa que define ao evento.

Máis por anunciar

Aínda que o groso do cartel xa está sobre a mesa, a organización comunicou que nas vindeiras semanas seguirán saíndo á luz máis detalles sobre a programación de actividades que completan a experiencia única do Millo Verde en Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará