Hoxe é Luns 16 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Choco que toca fondo ante o Beluso, pero Soto avisa que tres partidos poden para virar a situación

WhatsApp Image 2026-02-23 at 17.58.49

Foto de arquivo de Xeila Fervenza

O Choco afúndese na zona de descenso tras caer na casa ante o Beluso (2-4) nun partido marcado polos erros e a falta de actitude. A pesar do mal momento, o adestrador Álvaro Soto lanza unha mensaxe de esperanza: aínda quedan 8 xornadas, están catro equipos en catro puntos e todo pode cambiar se o equipo vira as tornas nos próximos tres partidos.

Preferente

C.D. Choco – C.D. Beluso (2-4)

O Choco caeu na casa ante o Beluso e afúndese na zona de descenso. Na próxima xornada visitan o Sporting Celanova, un rival directo pola permanencia.

O adestrador Álvaro Soto foi crítico: “A imaxe onte foi moi mala e así é difícil alcanzar o obxectivo. Comezamos cometendo moitos erros por falta de actitude e concentración; regalámoslles o primeiro gol e permitimos que o seu mellor xogador rematara sen oposición desde o borde da área. Tiramos a primeira parte e, aínda que na segunda saímos con algo máis de interese, foi insuficiente para competir en Preferente. Outros dous erros graves deixáronnos cun 2-4 do que xa non se podía recuperar. Como detalle positivo, o bo partido de Cou e Iago, os xuvenís que estiveron á altura”. A pesar de pasar un mal momento, o técnico tamén quixo lanzar unha mensaxe de esperanza: “Aínda que estamos en descenso neste intre, temos 3 partidos nos que podemos virar as tornas e cambiar as malas sensacións. Temos que centrarnos en seguir traballando duro para poder competir as 8 xornadas que nos quedan. As cousas están complicadas, pero ó final estamos catro equipos en catro puntos e todo pode pasar. Haberá que seguir loitando”.

Primeira Galicia

S.D. Amanecer – C.D. Arcade (2-0)

Derrota do Arcade no campo do Amanecer, que se coloca na 11ª posición. Na xornada seguinte reciben ao C.D. Sport Team Estrada, equipo co que empatan a 33 puntos, nunha clara oportunidade para subir postos. O Amanecer impúxose con decisión, xa que necesitaba os tres puntos para distanciarse da zona baixa.

Segunda Galicia

C.D. Soutomaior – Xuvenil Sisan C.F. (1-0)

 Triunfo local do Soutomaior, que ascende ao terceiro posto con 44 puntos e consolida unha excelente tempada en plena zona de play-off. Marcou o gol Pedro Roque Lourenzo. Na próxima xornada visitan o Moraña C.F., un equipo moi necesitado de puntos para salvar a categoría.

Terceira Galicia – Grupo Pontevedra

C.D. Cesantes – Rápido Bahía C.F. (5-2)

 Goleada do Cesantes na Gándara que o mantén firme no segundo posto e cada vez máis cerca da promoción de ascenso. Na seguinte xornada desprazaranse ao campo do S.C.D. Salcedo.

Terceira Galicia – Grupo Vigo

O Chapela C.F. (quinto clasificado) descansou esta xornada e prepara xa o seu próximo partido como visitante ante o Club Peñasco.

O Atlético de Villar sumou outra vitoria e alcanza os 60 puntos, afianzándose aínda máis como líder indiscutible do grupo. Gañou na casa ao Celta Academy B. Na próxima xornada enfróntase ao C.D. A Guía, segundo clasificado e un dos grandes favoritos da tempada, nun duelo moi atractivo e decisivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará