Hoxe é Domingo 15 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A festa da Ostra de Arcade celebrará a súa XXXVIII edición do 4 ao 6 de abril

festa ostra

O evento gastronómico estima que serán unhas 30.000 persoas as que se achegarán á localidade á gozar do seu produto máis emblemático, A programación contará con degustación, música en directo e a participación da pregoeira María Codesido García, veciña do concello e “exemplo de constancia e superación”.

O peirao de Arcade acollerá os días 4, 5 e 6 de abril unha nova edición da Festa da ostra, unha das citas gastronómicas máis destacadas da provincia e que cada ano reúne a milleiros de visitantes que se dan cita para degustar un dos productos máis emblemáticos da ría.

A presentación do evento tivo lugar no propio peirao de Arcade, coa Enseada de San Simón como pano de fondo, nun acto no que participaron o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Angeles Vázquez; membros da corporación municipal e representantes do sector hostaleiro e vitivinícola do municipio.

O rexedor destacou que se trata “dunha festa de unión que pon en valor o produto máis típico de Arcade e que convida a veciños e visitantes a descubrir a ostra e os albariños de Soutomaior”.

Un dos momentos centrais do programa será o pregón, que este ano correrá a cargo da veciña de Arcade María Codesido García, a quen o Concello quere recoñecer pola súa traxectoria persoal e o seu exemplo de esforzo e superación.

Durante o tres días de celebración manteranse prezos populares, coa ducia de ostra a 10 euros e a botella de albariño de Soutomaior a 12 euros. Ademais da degustación tradicional, o público poderá probar diferentes elaboracións dentro da proposta gastronómica “Os Trés”, con pratos como crocante de gamba con tartar de ostra, ostra en escabeche tradicional e ostra marinada en teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque.

A programación incluirá tamén actuacións musicais e pasarrúas. O venres actuarán as orquestras Olympus e Finisterre, mentres que o sábado será a quenda dos Satélites e A Misión. O domingo a xornada comezará cuns pasarrúascalles da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade, seguido do pregón ás 13:00 horas.

Como novidade, este ano os postos de degustación abrirán o venres ao mediodía, coincidindo coa celebración da Semana Santa. A organización tamén confirmou que non se celebrará a tradicional tirada de fogos artificiais tras un informe desfavorable debido á localización do evento nunha zona protexida da Rede Natura.

A programación arrincará previamente o 29 de marzo coa 7K Soutomaior e a Carreira Infantil da Ostra, e contará tamén cun programa especial de “Pensando en ti” de Radio Galega desde o Multiúsos de Arcade.

Desde o Concello convidan a veciños e visitantes a achegarse a Arcade para gozar dun dos produtos máis emblemáticos do municipio e dunha das festas gastronómicas máis populares da comarca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará