Hoxe é Venres 13 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a reactivación dun vertido ilegal en Vilar tras máis de 15 anos de impunidade

cascallos vilar

Os veciños e veciñas de Vilar alertan da reanudación de vertidos de zahorra e cascallos nunha finca da parroquia, un conflito que se arrastra dende 2011. Malia as resolucións xudiciais e administrativas que prohibiron a actividade, a empresa responsable continúa depositando materias, xerando riscos  ambientais, danos en infraestruturas e preocupación principalmente nas vivendas próximas. Instan ao Concello a actuar de maneira inmediata facendo cumprir a legalidade, paralizando a actividade e retirando o escombro e terra depositada de xeito ilegal.

Os feitos remóntanse ao ano 2011 coa solicitude presentada pola empresa na que facía referencia unicamente a un depósito temporal de materiais. A licenza foi posteriormente denegada polo Concello, e diversas resolucións xudiciais confirmaron a improcedencia da actividade. En calquera caso, mesmo no suposto inicial, tratábase dun uso estritamente temporal, algo que nunca se cumpriu, xa que os residuos continúan no lugar máis dunha década despois.

A día de hoxe, o que existe na zona é a acumulación de miles de metros cúbicos de escombros, que deron lugar “á formación dunha auténtica montaña situada por riba das vivendas próximas. Esta situación xera unha grave preocupación veciñal tanto polo impacto ambiental como polos riscos derivados da acumulación masiva de materiais”.

Ademais, o continuo tránsito de camións pesados ao longo dos anos provocou numerosos problemas nas estradas da contorna, acelerando o seu deterioro, causando danos nas infraestruturas públicas e afectando directamente á seguridade e á calidade de vida da veciñanza.

Durante todos estes anos producíronse múltiples denegacións de licenza e actuacións administrativas que evidencian a ilegalidade da situación. Porén, a realidade é que, 15 anos despois do inicio do problema, seguen realizándose vertidos, o que resulta ab solutamente inadmisible.

Os veciños consideran intolerable que, pese ás reiteradas denuncias e ás sentenzas existentes, se continúe incumprindo a normativa sen consecuencias efectivas, xerando unha evidente sensación de indefensión.

Por todo isto, instan ao Concello a actuar de maneira inmediata e contundente, exercendo as súas competencias de control urbanístico e ambiental, facendo cumprir a legalidade e poñendo fin definitivo a un problema que nunca debeu prolongarse durante tantos anos. Se debe de parar a actividade e proceder a retirada de todo o escombro e terra depositada durante todos estes anos nesa finca de maneira ilegal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará