Hoxe é Venres 13 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós reclama á Xunta a protección do cargadoiro Coto Wagner como Ben de Interese Cultural

cargaderos-rande-coto-wagner

A Asociación Cultural critica que ata en dúas ocasións –nos anos 2013 e 2020- o Pleno solicitou formalmente a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) o conxunto histórico de Rande, no que se integra o cargadoiro de mineral do Coto Wagner, sen que ata o de agora a Xunta iniciara este trámite. Denuncian tamén o estado de ruína que presenta este elemento do patrimonio e instan á administración a traballar na súa restauración.

A autoridade portuaria, propietaria do cargadoiro, solicitou o desmantelamento do cargadoiro alegando risco de ruína, un argumento que a asociación rexeita “a lexislación galega obriga aos propietarios, incluídas as administracións públicas, a conservar os bens patrimoniais, polo que non sería admisible xustificar a derriba a partir dunha deterioración provocada por anos de abandono”.

Desde Alén Nós defenden que o conxunto de Rande posúe valores históricos, industriais, paisaxísticos e sociais suficientes para recibir a máxima protección patrimonial. A declaración BIC, afirman, permitiría garantir xuridicamente a conservación do cargadoiro e obrigaría á súa restauración e se pregunta se “esa protección é precisamente o que se quere evitar para facilitar outros intereses industriais na zona”.

A asociación subliña que o cargadoiro forma parte da paisaxe cultural da Enseada de San Simón, vinculado tanto á memoria histórica da Ría de Vigo como ao desenvolvemento industrial de Galicia. A súa desaparición, advirten, suporía unha perda irreversible para o patrimonio cultural galego.

Ante esta situación, Alén Nós anuncia que trasladará a súa solicitude ao Parlamento de Galicia, co obxectivo de que os grupos parlamentarios impulsen iniciativas que obriguen ao Goberno autonómico a incoar o expediente para a declaración BIC.

Para Alén Nós, a protección do Cargadoiro do Couto Wagner non pode seguir demorándose. Consideran que iniciar o procedemento sería un paso decisivo para garantir a conservación e posta en valor dun elemento crave do patrimonio industrial e da paisaxe cultural da Enseada de San Simón.

Unha petición que conta tamén co apoio de diversas entidades culturais e científicas, entre elas o Consello da Cultura Galega, que xa se manifestou a favor da súa conservación e en contra do seu desmantelamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará