Hoxe é Luns 2 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos rescata un punto tras o empate contra o Outeiro de Rei 

644471451_1610882050081020_3350333679167112561_n

Só un empate para os equipos da zona, nunha xornada que acabou con derrotas para a maioría.

Terceira División Nacional

S.D. PAZOS DE BORBEN FS   – OUTEIRO DE REI S.D. (5-5)

O SD Pazos de Borbén FS empatou a cinco na casa contra o Outeiro de Rei SD. Un punto que os coloca décimos con 30 acumulados. Dende a directiva do club sanalan que foi un reparto de puntos “nun bonito encontro que puído caer para calquera dos dous lados”.

A vindeira xornada reciben ao ADI Vianariño FS, encontro importante para asegurar a categoría un ano máis.

ADC LUGO SALA “B”     –    REDONDELA F.S. RODAVIGO  ( 7-4)

Na Terceira División Nacional, o Redondela FS Rodavigo perdeu 7-4 na visita ao ADC Lugo Sala “B”. Baixan á zona perigosa con só 18 puntos, e urxe sumar. A próxima xornada, reciben ao Sport Sala FS, que é segundo e un óso duro de roer.

Preferente

S.D. ABETOS GONDOMAR FS  –   CAMPITO CHAPELA F.S.  (7-4)

Na Preferente de fútbol sala, o Campito Chapela FS caeu 7-4 na visita ao SD Abetos Gondomar, un equipo forte en zona de play-off. Agora están décimos, e reciben ao CD Beade, que é o último na táboa –  polo que é unha oportunidade para puntuar.

REDONDELA F.S. – RESTAURANTE LEMOS “B”   –  PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS F.S.  (2-5)

O filial do Redondela FS perdeu 2-5 contra o Pizarras Los Tres Cuñados FS, na loita polo play-off. Sitúanse sextos, pero moi cerca da zona de ascenso. O próxima sábado Reciben ao Pecheches FS, rival directo e quinto clasificado

O SD Pazos de Borbén FS “B” descansou, e precisa sumar urxente na próxima cita contra o Academia Futsal Ourense e tentar fuxir da zona de descenso.

Primeira Futgal

CLUB DEPORTIVO MIRALBA – ARAEALONGA FS CHAPELA (5-1):

Por ultimo, na Primeira, o Araealonga FS Chapela perdeu 5-1 na visita ao Club Deportivo Miralba. Afúndense na zona de descenso e tamén teñen que reaccionar con urxencia. A vindeira xornada reciben á Escola Futsal Morrazo .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará