Hoxe é Martes 3 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nova edición do Zampakilos Solidario precisa de máis de 60 persoas voluntarias en Redondela e Arcade

banco alimentos

A Fundación Banco de Alimentos levará a cabo a súa primeira recollida deste 2026 nos supermercados Vegalsa-Eroski os días 13 e 14 de marzo. Mobilizaranse máis de 60 voluntari@s en Redondela (máis de 40) e Arcade (máis de 20) para poder desenvolver esta primeira Operación Quilo do ano co obxectivo de igualar, polo menos, os máis de 60.000 quilos de alimentos recadados durante a campaña de 2025.

Esta campaña, completamente consolidada e da man da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, contará con presenza da nosa marea azul en dous supermercados Eroski de Redondela e, tamén, en Autoservicios Familia de Arcade.

Unha das novidades este Zampakilos Solidario será que alumnado e profesorado do IES Mendiño de Redondela se enfundarán o peto azul e acudirán en horario lectivo a cubrir un das quendas da mañá, durante a xornada do venres. Será nun dos dous establecementos adheridos á campaña en Redondela.

O Zampakilos Solidario 2026 volverá desenvolverse en formato mixto, co que, as persoas poderán doar alimentos físicos como realizar achegas económicas ao pasar por caixa. Devanditos donativos económicos quedarán depositados na propia cadea de alimentación que o noso Banco irá retirando de cada supermercado, en función das súas necesidades diarias.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu máis de 1,3 millóns de quilos de alimentos durante 2025, incrementando nun 6 por cento o número de persoas en situación de vulnerabilidade ás que atende. A través dun total de 155 entidades benéficas, axuda a uns 22.000 beneficiarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará