A campaña de normalización lingüística proposta polo concello de Soutomaior arranca este venres ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade co monólogo “Orille” de Pepo Suevos. En Redondela o ciclo Humor na súa tinta chega ao seu remate coa actuación de Coria Castillo este sábado no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas.
Coria Castillo sóbese ao escenario para contar como é sobrevivir á vida moderna sendo cómica, actriz, autónoma, ama de casa, amiga e filla. Un show cheo de chistes e humor
Enmarcado dentro da VIII edición do ciclo humor na súa tinta que chega este sábado ao seu remate. As entradas pódense retirar on line en woutick.es
Por outra banda hoxe arranca en Soutomaior o ciclo “Goza do teu punto G” unha programación cultural que inclúe espectáculos teatrais dirixidos ao público adulto, á mocidade e ao infantil familiar e que achegará ao concello veciño grandes compañías como Ibuprofeno Teatro, Excéntricas, Gallaecia Eventos, A Covas da Letras, Galitoon. Tamén aterrarán en Soutomaior monologuistas da talla de Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Aratxa Treus e Jazmín Abuín, Quico Cadaval, Evaristo Calvo ou Leti da Taberna ou narradoras orais como Vero Rilo.
Todos estes espectáculos serán de balde ata completar o aforo no Multiúsos de Arcade. A primeira das propostas será esta tarde ás 20:30h. co espectáculo “Orille! De Pepo Suevos.









